Volver ao Conxugador | Conxugador para PortuguésEspañol

Icona do conxugalego

Cilenis Conxugador Galego tamén para Android e iOS

A empresa GalApps desenvolveu unha aplicación gratuíta para teléfonos móbiles Android e outra para teléfonos Apple. Baseadas no software libre conshuga e mellorada por Cilenis, con elas poderás seguir conxugando os teus verbos en calquera lugar.

Todos os verbos recoñecidos polo Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega (VOLG), verbos de nova creación ou mesmo inventados poden ser conxugados no teu teléfono móbil.

Instala o Conxugador Galego no market Google Play ou na iTunes Store con só dous clics.

Lembra que en Cilenis tamén poderás encontrar un conxugador verbal para o castelán: Conjugador Español e para o portugués: Conjugador Português.

Para máis información, comentarios, suxestións, etc., contáctanos en conxugador@cilenis.com